Novo éxito de asistencia na V edición da Malla do Seixidal.

,

A Malla no Seixidal volve a consolidarse como un dos eventos tradicionais máis destacados no Concello das Somozas.


Nesta ocasión, a quinta edición desta festividade reuniu, o pasado mes de setembro, unha gran cantidade de asistentes para recrear a malla.

Esta clase de eventos son moi importantes para un municipio de carácter rural como As Somozas, no que as festas tradicionais cobran unha gran importancia e serven como xuntanza da veciñanza.

Esta foi a súa V edición despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nun museo etnográfico para render homenaxe á cultura local e para amosar como era a vida e o traballo no campo.


“É importante seguir celebrando este tipo de eventos que poñen en valor a tradición e cultura do municipio”, indicou o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

O rexedor tamén quixo destacar “a aposta do noso goberno para revitalizar esta clase de festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas todos os anos, favorecendo o sentimento de pertenza á comunidade e fortalecendo os lazos
entre eles”.

Autor

Descubre más desde MetrofmFerrol

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo